Regresar a todos los eventos
📢 #FRIOL CELEBRARÁ O SEU 6o #FRIULIO CASTREXO-ROMANO O 10 E 11 DE MAIO ⚔️
Desde o Concello de Friol e a Asociación de Recreación Histórica A Castronela organizamos unha nova edición do Friulio, un encontro entre asociacións castrexas e romanas que recrearán durante a fin de semana do 10 e 11 de maio os modos de vida, costumes e crenzas de ámbalas dúas culturas, na que participarán máis de 30 asociacións de recreación histórica e mais de 500 persoas que participarán nos distintos actos programados.